EVENTOS│SHOWCASE CON FROM ➤ El Muelle 1931 Shop (◉‿◉)
SHOWCASE CON FROM
w/ FROM (Live) & Cr0m4 N9eve (Free set)
Xoves 10 Abril | 19:00 - 21:00 h
📍 ElMuelle1931 Shop (Rúa de San Pedro, 57)
➤ Entrada de balde ata completar aforo
FROM é o proxecto en solitario do artista Fernando Romero, músico e produtor asturiano afincado actualmente nos Países Baixos. A súa proposta combina influencias do jazz, o dub, o post-punk e certos ecos da tradición musical española.
Logo do seu debut con Insecto (2022), From deu forma durante dous anos ao seu segundo traballo, Modelo para armar (2024), un disco ambicioso que reflicte unha clara evolución como compositor, produtor e letrista. Gravado entre os Países Baixos e España, este novo álbum esquiva modas e lugares comúns para construír, desde a intuición e o detalle, un universo propio. Achegándose ao flamenco, o punk ou ao slowcore cun enfoque totalmente persoal, Modelo para armar reafirma a súa singularidade dentro do panorama estatal, convertíndose nun deses discos que propoñen algo distinto, feito con mimo e sen atallos.
Este xoves teremos o pracer de recibir a From na nosa tenda de discos, nun directo íntimo onde presentará parte do seu repertorio. Acompañará a xornada unha sesión de improvisación (free set) a cargo de Cr0m4 N9eve.
Bandcamp:
https://cimatariofuexorecordings.bandcamp.com/album/sobre-la-explosi-n
*Aforo (moi) limitado!
(◉‿◉)
Follow us / Síguenos
Instagram - @elmuelle1931.shop
Facebook - @ElMuelle1931.shop