Alauda Negra / 2024 / GAL/ EN
«MAN.» é o traballo de CADELA NEGRA (Lois Cid & Antonio Cortés) arredor da figura de Manfred Gnädinger, un ensalmo mesto e vibrante da pegada deste creador total que viviu boa parte da súa vida dun xeito ascético en Camelle (Costa da Morte, Galicia). Nestes dous últimos anos estes dous autores viaxaron con frecuencia a Camelle seguindo o rastro visual de Man, o «Alemán de Camelle».
As imaxes deste libro compoñen un friso arredor da experiencia co territorio e a memoria de Man. «MAN.» é a obra gañadora do III Premio Editorial de Fotografía Documental Galega organizado por FFoco Festival da Fotografía da Coruña, patrocinador integral desta publicación, co objetivo de fomentar a creación e produción de fotolibros con vinculación galega.
Tirada de 250 exemplares.
Medidas: 165 mm x 120 mm.
136 páxinas.
Interior: Arena Natural Rough 120 gr.
Cuberta: Stucco Old Mill Premium White de 350 gr. con golpe en seco.
Encadernación en rústica Otabind.
Fotografías: Lois Cid & Antonio Cortés.
Deseño: Jaime Narváez.
Textos: X. Lois Gutiérrez Faílde & Manfred Gnädinger.
Edición: X. Lois Gutiérrez Faílde.
Impresión: Agencia Gráfica.
Encadernación: Pino Encuadernación