Estraperlo / 2019
* EN bellow
“Bloque” é o xérmolo dun traballo maior baseado no seu interese pola nosa relación coa pedra como elemento que reviste diversas interpretacións e formas. A pedra como tótem taumatúrxico, recurso extractitvo venal, fundamento morfolóxico de certa ciencia e de certa idea da paisaxe, tamén. Iván Nespereira centra a súa atención na ambivalencia que pode resultar ao tomar esta variable presenza da pedra na actividade humana e que produce a acción mesma da súa interpretación dende a fotografía: o macro e o micro, horizontal e vertical, o concreto e o abstracto… “Bloque” provoca un imaxinario con densidade de fluxo (propio ou apropiado) neste xogo de dualismos e convoca á nosa mirada a penetrar as superficies e as ideas a través da pedra.
(EN)_____________________________________________________________________