La era de las imágenes desaparecidas - ElMuelle1931
La era de las imágenes desaparecidas - ElMuelle1931
La era de las imágenes desaparecidas - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, La era de las imágenes desaparecidas - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, La era de las imágenes desaparecidas - ElMuelle1931
  • Load image into Gallery viewer, La era de las imágenes desaparecidas - ElMuelle1931

La era de las imágenes desaparecidas

Regular price
€10,00
Sale price
€10,00
Regular price
Sold out
Unit price
per 
Tax included. Shipping calculated at checkout.

Carne Líquida / 2019 / Caderno A4 - Grapa / 32 páxs. / B/N (portada, interior) / Castelán

* english below
"O fanzine está baseado no Álbum de estampas como modelos para a aprendizaxe artística, reunidas por Juan Clemente Brignardelli (G-5922). Trátase dun álbum de 114 páxinas de gran formato que reúne adheridas 420 estampas, case todas elas gravados a buril ou augaforte, dos séculos XVI ao XVIII, de diferentes escolas europeas. O estado de conservación das estampas, deterioradas polo seu uso diario na Escola de Debuxo de Cádiz, da que Brignardelli foi profesor a finais do século XVIII e comezos do XIX, foi o punto de partida para a reflexión exposta por Brais Rodríguez. Unha revisión sobre importancia das imaxes na sociedade: sobre o seu valor icónico como medios de expresión das ideas que o poder transmite a través dos Gobernos, a Igrexa..., pero tamén como medios para manter a memoria e os recordos. Unha mirada na que o autor tamén reflexiona sobre a inestabilidade das sociedades e a violencia que se desencadea cando se alteran os mecanismos de control ideolóxico.
Brais Rodríguez, desenvolve unha dobre faceta como autor de cómic; por unha banda a súa presentación como como debuxante minucioso, de carácter ás veces minimalista con viñetas nas que só traza liñas negras sobre fondos brancos. Doutra banda, Brais sérvese de numerosas estampas utilizadas como ilustración da prensa periódica e a literatura do século XIX, para descontextualizándoas, darlles unha diferente utilidade ao servizo dunha nova narración, creando situacións surrealistas e atmosferas atenazantes". - Javier Arias- Metalocus.